16 diciembre 2011

Paqui Canal acerca los discapacitados redondelanos a la Deputación

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A deputada, Francisca Canal, recibiu hoxe na Deputación ós compoñentes do Racing Club Chapela, integrado por deportistas discapacitados. A recepción tivo por obxectivo trasladarlles a estes mozos a felicitación polos grandes éxitos acadados tras conseguir numerosas medallas.

Ademais, Francisca Canal, aproveitou a presenza dos deportistas para ensinarlles as dependencias do Pazo Provincial, así como explicarlles as súas funcións e historia. Concretamente, visitaron a Sala de Comisións na que están colgados os retratos de todos os presidentes da Deputación; o Salón Nobre onde se celebran mensualmente os Plenos, ademáis
de recepcións, conferencias e outras actividades, e a Sala de Xuntas onde se reúnen habitualmente os políticos para tratar os diversos temas de interese para a provincia.Concretamente, entre os asistentes atopábase o nadador Manuel García Luengo, que ven de proclamarse campión de España de 50 metros espaldas na competición para deportistas discapacitados celebrado en Sevilla Tamén Loira Fernández Guardiola que acadou o cuarto posto en nas modalidades mariposa e croll; Ángel Fandiño Pardavila que tamén acadou o cuarto posto en 50 metros libres.Os integrantes del Racing Club Chapela tamén tiveron unha actuación destacada no Campionato Galego de natación para discapacitados, no que seis compoñentes do equipo conseguiron nove ouros e catro pratas. Ademais, nos Xogos Autonómicos Minoritarios, os membros do equipo de tenis de mesa conseguiron 3 ouros e un bronce; os de Petanca, unha prata e dous bronces.